Quantcast
Channel: Compostimes » Política
Viewing all articles
Browse latest Browse all 17

A Marea do status quo

$
0
0

Marzo de 2016 e a esquerda galega anda máis alporizada que un monte de pitas asustadas. O pavor das socialistas é comprensible porque a raposa de Lara está no poleiro mesmo para dar cabo do galo. Entre as benegas continúa a debandada perante o medo a que o eleitorado decida un sacrificio por pouco poñedoras. Algunhas das fuxidas caen no curral da Marea onde están chamadas a dar os ovos de ouro da esquerda malia aínda non teren nen o galiñeiro armado. Un panorma, enfin, prometedor para o Presidente Feijóo, quen ten até tempo para pensar o que quer ser de maior.

A realidade é que restan apenas uns meses para os comicios ao Parlamento Nacional e o caos reina na esquerda. Porén, no medio de toda esa barulleira imos logo sentir un canto medroso que, conforme o día das eleccións se achegar, vai devir un cacarexo perfectamente acompasado. Nos meses vindeiros, a chamada do cambio político irá in crescendo até exhortar a evacuación do Partido Popular de San Caetano entre gorgolexos éticos e moralistas e algunha saída de partitura do Beiras.

E nesa tesitura é preciso que quen estamos chamados ás urnas non fiquemos engaiolados pola harmonía ou a fermosura da melodía. Con certeza, na segunda feira postelectoral ese sincronizado grupo de aves cantoras voltará a se comportar como a bandada anárquica de paxaros que nunca vai deixar de ser. Quizá será entón cando se decaten de que o único que as converte en membros da mesma especie é a súa oposición ao PP. Non sabemos se tamén caerán na conta de que o mero antagonismo non é programa ningún para gobernar un país de tres millóns de persoas. Esperemos que si, polo ben de todos nós.

Mais alén diso, os que nos consideramos galeguistas somos os que máis motivos temos para estarmos escépticos perante a pretendida operación de remuda política. Cun PSOE en horas baixas, a voz cantante na sinfonía do cambio será a desa coaligazón que tivo o seu xermolo en 2012 con AGE e que agromou en con seis deputados nas eleccións a Cortes Xerais do ano pasado. Son moitos os galeguistas que até hoxe teñen apoiado esta opción política, como sen ir máis lonxe evidencia o declinio eleitoral do BNG nestes últimos anos. No entanto, teñen boas razóns para non repetir o voto nese sentido este outono.

Un voto á Marea é un voto ao pior BNG, un voto ao erro máis grave cometido pola formación frentista. Un voto á Marea é un voto á ausencia dun discurso nacional que distinga a oferta política do nacionalismo galego das súas competidoras electorais. Durante moitos anos, a íntima relación entre o discurso de esquerdas e o nacionalista fixo que o BNG se comportara como unha forza de esquerdas máis nas que as reivindicacións nacionais e de país non eran o elemento central do discurso, mais ficaban escondidas nese crecente maremagnum de causas que o progresismo considera xustas. A proba máis fidedigna é os resultados electorais de 2012, cando case a metade do eleitorado dun partido pretensamente nacionalista escolleu apoiar unha coaligazón electoral financiada por Izquierda Unida desde Madrid.

A Marea non vén mudar ese paradigma, precisamente porque é a súa confirmación e a consecuencia lóxica da subordinación do nacional á esquerda. Un voto na Marea serve para facer dos dereitos nacionais que nos singularizan non máis importantes que os dereitos das mulleres, dos refuxiados sirios ou dos carballos das Fragas do Eume, segundo o que estea na moda política de cada momento. Como se os primeiros non fosen os que moven á acción política ao galeguismo e como se non fosen previos, por constitucionais, a todos os segundos.

Un voto á Marea é un voto á ausencia dun discurso nacional que distinga a oferta política do nacionalismo galego das súas competidoras electorais

Unha suba da Marea é un mal negocio para os galeguistas porque mergullaría o eixo nacional na irrelevancia política. Carolina Bescansa, por exemplo, teno claro: a cuestión nacional en Galicia está resolta, non interesa. O que importa é que eles son os de abaixo e van polos de arriba, dinos a politóloga de afamada familia proletaria, como se a relación de subordinación a Madrid dos gobernos autonómicos non impuxese un obxectivo de défice que lle impediría gastar todo o que desexaría se fose a nosa Presidenta. Pablo Iglesias tamén asevera que quere desputar a idea da patria á dereita. Vaites, en Galicia é ao revés, debe de ser o feito diferencial.

Enfin, sen ese discurso nacional carece de todo sentido falar de soberanía, autodeterminación ou reforma dun Estatuto de 1981 que aínda está por desenvolver. Cómpre desenganarse: non vai haber avanzos no autogoberno coa Marea na Xunta. Non xa só porque máis da metade do seu eleitorado -formado na maioría por votantes non galeguistas chegados do PSOE, de Izquierda Unida e do abstencionismo- queira statu quo ou máis centralización. Tamén non porque na súa cúpula haxa voces contrarias a tal idea. Simplemente porque todo avance no autogoberno precisa a aquiescencia do PP e do PSOE, quen non están polo labor de levalo até a autodeterminación reivindicada pola Marea recentemente.

Preocupadísimos polo pouco autogoberno. | Fonte: CIS.

Os votantes da Marea Preocupadísimos polo pouco autogoberno. | Fonte: CIS.

Este ano 2016 non vai ser o ano do cambio político porque en Galicia a mudanza política substancial nunca vai consistir na imposición das forzas de esquerda sobre as da dereita. Si vai chegar cando as forzas galegas -desde a dereita ou a esquerda- vingaren sobre as delegacións dos partidos estatais e cando o galeguismo se tornar hexemónico fronte aquelas visións de nós propios que nos reducen a unha rexión periférica e cuadriprovincial. Até entón, as alternancias no Goberno da Xunta non van ser mudanzas políticas e si mudanzas de políticos. Pode este outono chegar a Marea a San Caetano e botar aló vinte anos que un goberno seu non vai mudar a nosa decadente irrelevancia na España e na Europa, simplemente administrala para que sexa unha irrelevancia ecoloxista, feminista e en galego. Porque as pitas son aves, mais non voan.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 17

Latest Images

Trending Articles


Un cielo inalcanzable


Daddy Yankee - La Despedida (Acapella + Instrumental) (Original de Estudio)...


Alexis & Fido - La Cama ( instrumental original )


Feria del Libro 2024 | Se inaugura el 25 de abril


FERNANDA SILIUTO BRIGANTY [16.628]


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


RAY LORIGA [19.180]


ANA DOLORES ARIAS [19.329]


SVENJA HERRMANN [20.216]


Goku tamaño real